Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O escritor portugués Luís Ferreira presenta mañá en Tui o libro “Vamos a Santiago”

12/02/2026

Será ás 20 h no Espazo Sociocultural

A importancia do Camiño Portugués a Santiago queda tamén reflectida na literatura. Este é o caso do libro “Vamos a Santiago” do escritor portugués Luís Ferreira que mañá ás 20 h se vai presentar no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.

O libro está escrito en portugués e castelán. A publicación, dirixida a público infantil e familiar, aborda, cunha perspectiva didáctica, a singularidade do Camiño Portugués, os lugares por pasa a través da historia dunha familia, moi especial, que decide realizar o Camiño Portugués a Santiago.

O acto será presentado polo peregrino tudense e divulgador do Camiño, Alfonso Ferreira. Colabora na presentación o Concello de Tui.