Heredeiros da Cruz en concerto este domingo nas festas de San Telmo
Co seu inconfundible estilo entre o rock máis irreverente e a retranca galega Heredeiros da Crus ofrecerá este domingo, ás 19.30 h, un concerto no Espazo Feiral. Será un espectáculo cargado de enerxía, guitarras afiadas e letras cheas de humor e crítica social. Soarán dende os clásicos inesquecibles como Quero josar, Non che teño Medo, de Jalisia ao Estranxeiro… xunto aos temas do seus novo traballlo Trankimasin, do que inician a súa xira precisamente en Tui. Será un concerto para todas as xeracións.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.