Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

O Concello de Tui presente na comisión galega que viaxou ao Sáhara para coñecer in situ a situación e necesidades do pobo saharauí

Undefined

. O Concello de Tui formou parte da comisión galega que a semana pasada viaxou aos campamentos de refuxiados saharauís da man de SOGAPS, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.  O concello tudense estivo representado pola concelleira de Emprego e Igualdade, Ana María Núñez.

O Concello de Tui pon en marcha un novo servizo de recollida de cartón e papel para o comercio, a hostalería e a industria

Undefined

O Concello de Tui vén de pór en marcha un novo servizo de recollida de papel e cartón porta a porta co obxectivo de contribuír á reciclaxe destes produtos por parte dos establecementos comerciais, hostaleiros, e a industria local.

Con esta iniciativa búscase por unha parte axudar aos e ás comerciantes e hostaleiros na separación e reciclaxe dun material coma o papel e cartón, do que xeran importantes cantidades nos seus negocios. Coa recollida específica para eles búscase non colapsar os contedores azuis deixando o seu uso preferente para a cidadanía.

Reunión co comercio local

Undefined

Hoxe luns, 31 de xaneiro, ás 19 h terá lugar unha reunión a través de Zoom dirixida ao comercio local. O obxectivo é informar do novo servizo de recollida porta a porta de papel e carton dirixido aos establecementos comerciais no que se está a traballar. 

Datos de acceso á reunión: 

Unirse á reunión Zoom

https://zoom.us/j/99332499111?pwd=aktNYURsZXBkdk1sTXpDcUQzZlk4QT09

ID de reunión: 993 3249 9111

Código de acceso: 7WHuLc

Concedidas 85 axudas a autónomos e pequenas empresas ao abeiro do programa Reactiva II que suman máis de 90 mil euros

Undefined

O Concello de Tui vén de conceder 85 axudas a autónomos e pequenas empresas ao abeiro do programa Reactiva II  para facer fronte aos efectos da COVID 19.

A comezos de mes  a Xunta de Goberno Local aprobou un paquete de 85 axudas correspondentes á segunda convocatoria de axudas para traballadores por conta propia e autónomos societarios cuxa actividade sufrira unha caída na facturación superior ao 30 % durante a pandemia. O importe total destas achegas ascende a 90.710,11 euros.

O pavillón do IES San Paio acolle esta fin de semana a I Feira da Cabaza

Undefined

O pavillón do IES San Paio acolle esta fin de semana, sábado e domingo, I Feira da Cabaza. O evento previsto inicialmente no Paseo da Corredoira trasladouse de emprazamento debido ás adversas previsións meteorolóxicas. 

Amais de exposición e venda de cabazas haberá un amplo programa de actividades con demostracións gastronómicas, actuacións musicais, andaina e a caverna do terror.   

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio