LEVANTAMENTO SUSPENSIÓN DA CELEBRACIÓN DO MERCADO XOVES
Decreto de Alcaldía: Levantamento suspensión da celebración do mercadillo semanal dos xoves - 17022021
Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados.
Decreto de Alcaldía: Levantamento suspensión da celebración do mercadillo semanal dos xoves - 17022021
O Concello de Tui informa que ante a mellora da situación epidemiolóxica en Tui e en toda Galicia en xeral, volve a celebrarse dende este próximo xoves 18 de febreiro o mercadillo semanal dos xoves, suspendido dende o pasado 27 de xaneiro. Lembramos que dende xuño decidiuse o cambio de emprazamento do mercado cara á zona de Camfran, entre a prolongación de Casal Aboy e a Avenida de Concordia, cunha superficie de case 15 mil metros cadrados.
Media tonelada de alimentos foron os recollidos na Campaña solidaria de Nadal desenvolvida na praza de Abastos de Tui a favor de SOS Tomiño-Baixo Miño. Hai uns días tiña lugar a entrega destes alimentos á asociación asistencial que os distribuirá entre as familias ás que presta axuda.
Dende o Concello quérese amosar o agradecemento a Rita Álvarez, de Las Flores de Rita, que propuxo a iniciativa, aos praceiros e praceiras e á veciñanza pola súa colaboración solidaria nesta campaña.
O Concello de Tui vén de modificar os prazos establecidos inicialmente na campaña Activa Tui ante as novas medidas restritivas que entraron en vigor esta semana e que afectan directamente tanto aos establecementos comerciais coma a hostalería.
O prazo para a adherirse a esta campaña de bonos Activa Tui para os establecementos, que remataba hoxe, se amplía até o 28 de febreiro. O próximo 1 de marzo será cando se faga pública a listaxe cos establecementos participantes.
O Concello de Tui informa que ante a actual situación epidemiolóxica e o incremento na intensidade das restricións establecidas pola Xunta de Galicia para toda a comunidade autónoma coa finalidade de conter as cifras inéditas que estamos a vivir, durante as próximas tres semanas – até o próximo 17 de febreiro- suspenderá o mercadillo semanal dos xoves como medida para poñer freo a transmisión do coronavirus reducindo ao mínimo imprescindible a interacción social e a mobilidade.
Mañá mércores, 13 de xaneiro, abre o prazo de inscrición para que os establecementos interesados se adhiran aos bonos “Activa Tui”. Hoxe veñen publicadas no BOPPO as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión destas axudas á reactivación económica, que foron aprobadas por unanimidade o pasado mes de decembro en pleno. O Concello de Tui destina a esta iniciativa 50 mil euros.
A Praza de Abastos de Tui, en colaboración coa Concellería de Comercio e Mercado, realiza unha campaña solidaria de recollida de alimentos destinados a SOS Tomiño Baixo Miño. Na propia praza habilitouse un espazo para depositar estes produtos.
A recollida de alimentos non perecedoiros realizarase entre o 10 de decembro e o 10 de xaneiro. Voluntarios de SOS Tomiño Baixo Miño recollerán semanalmente os produtos entregados
“En Nadal Tui QuereTui” é o lema da campaña de bonos agasallo presentada esta mañá na Casa do Concello de Tui.
Na presentación participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, o representante de EMPRETUI, Abel Vila, o presidente da Asociación de empresarios/as de Areas, Giorgio Casoni, e interviu Jesús Vaz e Manuel González da empresa Coplegal S.L.
Mañá venres, ás 11 h , na casa do concello de Tui terá lugar a presentación da campaña de bonos de agasallo “En Nadal Tui #Queretui”. A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, xunto a representantes das asociacións de comerciantes e hostaleiros ACITUI e Empretui, e da Asociación de empresarios/as de Areas. Tamén estarán presentes os dous empresarios dos que partiu a iniciativa Jesús Vaz e Manuel Gómez de Coplegal SL.
Impreso de renovación, cambio de titulariedade ou autorización de posto no mercado semanal dos xoves.
O período de renovación dos postos é do 1 de novembro de 2020 ao 10 de xaneiro do 2021.