II Feira da Cabaza

O edificio dos antigos xulgados, na praza da Inmaculada, acolle o sábado 29 e o domingo 30 de outubro a II Feira da Cabaza. Haberá exposición e venda de cabazas, obradoiros infantís de cociña, showcooking, e música en directo.
Para participar no obradoiro de cociña e os showcooking é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo de Tui , co teléfono 677 41 84 05 ou no correo turismo@tui.gal, ata o día do evento ou ata cubrir prazas que son limitadas.
Programa:
-
Sábado
-
ÁS 17 e ás 18.30 h Obradoiro de cociña con cabaza para nenos e nenas de 5 a 12 anos con Raquel e Elena Alonso de Cociñarte
-
Ás 20 h Showcooking con menú degustación a cargo de Noelia Figueiras, chef en Gloria Domenecq Catering, maridado con viños Bruña 2021 e Teimosía 2018 con cata comentada pola sumiller tudense Marina Cruces
-
Ás 22 h Actuación musical
-
-
Domingo
-
Ás 12 h Showcooking con menú degustación elaborado por Isaac Míguez de Emma Gastrobar, maridado con viños da adega Edmun do Val con cata comentada pola sumiller tudense Olalla Ruibal
-
Ás 13.30 h sesión vermú e actución musical de KMZero
-
Ás 18 h Showcooking a cargo de Raquel e Elena Alonso de Cociñarte e showcooking doce a cargo do mestre pasteleiro tudense Óscar Romero. Maridado con cervexa artesanal de cabaza de Adri Vila de Pancho 3.0
-
Ás 20 h Conxuro, queimada e castañas asadas
-
E esta fin de semana goza de pratos elaborados con cabaza na hostalería local:
- Bipper
- Casa Pote
- El Molino
- Emma
- Época
- Ideas Peregrinas
- Monte Aloia
- Óscar Romero
- O Vello Cabalo Furado
- Santiamén
- Tapas e Viños