Obradoiros infantís de cociña, música en directo, tapas e sorteo este sábado na Praza de Abastos de Tui
A praza de abastos de Tui celebrará este sábado, 28 de maio, o Día do Mercado sumándose á campaña internacional “Quere o teu mercado”. O obxectivo da mesma é atraer clientela ás prazas de abastos, incentivar o consumo de produtos frescos, resaltar os valores da compra local e destacar a profesionalidade das praceiras e praceiros.
Así a praza tudense acollerá o sábado obradoiros infantís de cociña, música en directo e degustación de tapas e un sorteo.