Aberto o prazo de inscrición para a XXV Feira de Artesanía de Tui
O sábado 6 e o domingo 7 de maio celebrarase a XXV Feira de Artesanía de Tui organizada polo Concello de Tui cos obxectivos de promocionar e difundir a actividade artesá e apoiar a comercialización do produto artesán. O Concello de Tui vén de abrir o prazo de solicitude dun dos corenta postos que se instalarán na rúa Ordóñez e na praza de San Fernando. As persoas interesadas deben cubrir o formulario dispoñible en tui.gal e enviar entre 4 e 6 fotografías dos seus produtos ao correo comercio@tui.gal até ás 14 h do martes 25 de abril.




