Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mercado de Nadal

Data: 
5/12/2022
Lugar: 
Paseo da Corredoira

O céntrico Paseo da Corredoira acollerá do 5 de decembro ao 5 de xaneiro o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. 

Así o Paseo da Corredoira inundarase da maxia do Nadal e dos produtos típicos desta época nas 10 casetas de madeira que acollerán os distintos postos.

1ª Quenda do 5 ao 11 de decembro: Artesanía O Pereiro, Arco da Vella, CEIP Pazos de Reis; Cerámica Ferreira, Churrería Chocolateria Patry, Club de Patinaxe Artístico Ribex, Do Gaiteiro, Entre Telas, La Aguada Artesanías, Mari Fastudio, Mel Liñares e Ruta 82.

2ª Quenda do 11 ao 18 de decembro: Asociación San Vicente de Paúl, D'Charo, Club de patinaxe Ribex, Entre Telas, Entre Plantas, Mari Fastudio, BC Artesanía do Camiño, Feito de Pau, Luz de Pirilampo, Aloia Protectora de animais, Churrería Chocolatería Patry e Ruta 82.

3ª Quenda do 19 ao 24 de decembro: Hidromel Fenrir Galicia, Ideasperegrinas, Paladarqueso, LeLatecrea, Laura Triñanes, Cestería Jesús, Mar Jewerly, Coco Bisutería, Artesania Corman. ALOIA Protectora de Animais de Tui, food truck Ruta82 e Churrería Patri.

Horario:

  • Luns a xoves de 17 a 21.30 h
  • Venres a domingo, festivos e véspera de festivo 12 a 14 h e de 17 a 21.30 h.
  • Os días 24 e 31 de decembro abrirá só pola mañá
  • Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro permanecerá pechado.