Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Os viños da raia conquistaron a tudenses e visitantes na fin de semana

Undefined

Balanzo positivo do I Encontro de Viños da Raia celebrado esta pasada fin de semana na praza da Inmaculada en Tui dentro da programación das Festas de San Telmo.

Centos de persoas achegáronse tanto o sábado coma o domingo a este evento que buscaba pór en valor os viños locais dunha e doutra beira da raia elaborados por pequenos produtores , con edicións limitadas, de xeito artesanal e con moito mimo, buscando a esencia da terra.   Grazas a este evento dez pequenos produtores puideron achegar e dar a coñecer os seus viños brancos, tintos e espumosos ao público.

I Encontro de viños da Raia

O sábado 16 e o domingo 17 de abril celebrarase na Praza da Inmaculada o I Encontro de Viños da Raia. 

Participarán Adega Corisca de Tui, Adega do Vimbio de Tomiño, Adega Edmundo Val de Valença, Sergio Álvarez do Rosal, Lagar Pedregales de Tomiño, Adega do Ricón de Arbo, Adega Pateira do Rosal, Adegas Xangall de Arbo, Aquí Começa Portugal de Cevide, e Adega María Bargiela de Salvaterra de Miño. Os seus viños brancos, tintos  e espumosos, por copa ou botella, poderán degustarse tanto o sábado coma o domingo de 12 a 15 h e de 18 a 21h.  

Festa do Meixón 2022

O meixón é o protagonista gastronómico en Tui durante este mes de abril con motivo das Festas de San Telmo.

Do 8 ao 25 de abril, celébrase a Festa do Meixón en cinco restaurantes tudenses, Asador Paulo,  El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, e no Parador de Tui .

Previa reserva en cada establecemento, poderase tomar a ración, con pan e unha copa de viño a un prezo de 69 €. 

Tui festexará a San Telmo cun amplo e innovador programa

Undefined

Tui vai celebrar as Festas de San Telmo 2022 do 16 ao 25 deste mes de abril cun programa “ambicioso, moi completo e innovador”. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, na presentación dos festexos patronais, na que participaron tamén a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a concelleira de Comercio, Emprego, Formación e Igualdade, Ana Núñez, o concelleiro de Medio Rural e Deportes, Rafael Estévez, e o concelleiro de Seguridade e Persoal, José Ramón Magán.

Sesión vermú con música os sábados e domingos de marzo na rúa Compostela

Undefined

Dinamizar a zona e impulsar a actividade dos locais de hostalería é o obxectivo da iniciativa “Vermuteando na Compostela” posta en marcha polo Bar Amazonas, Entre Horas, Puro Sabor e Xeitoso coa colaboración do Concello de Tui e de EMPRETUI

Os sábados e domingos deste mes de marzo, dende ás 12h, estes catro locais crean unha ruta na que se poderá degustar un vermú acompañado dun pincho e coa ambientación musical de dj`s.  Entre todas as persoas que ao longo do mes disfruten da iniciativa sortearase unha estancia en Cantabria, e outra nas Cabanas da Ulla.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio