Xornadas Gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio: O Bonito
O sábado 26 de setembro celebraranse as segundas Xornadas Gastronómicas "Saborea o Mercado de San Antonio" dedicadas ao Bonito.
Dende ás 11 h poderá degustarse este produto en tres elaboracións realizadas polo restaurante Al Dente que colabora nesta iniciativa do Concello de Tui. Será Empanada de Bonito, Bonito á prancha sobre crema de pataca, cebola e pimentón, e Tartar de Bonito. Cada ración terá un prezo de 6€.




