Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

A Oficina Municipal de Turismo de Tui atendeu 151 peregrinos de 14 nacionalidade e 15 provincias na fin de semana

Undefined

Esta segunda fin de semana do mes de agosto estivo significada pola notable presenza de peregrinos polas rúas do conxunto histórico tudense, servindo como referencia desta afluencia os datos que proporciona a Oficina Municipal de Turismo de Tui. Así este punto de información turística atendeu o venres 9, sábado 10 e domingo 11, a un total de 151 peregrinos de catorce nacionalidades distintas e de 15 provincias españolas.

Do total de 151 peregrinos 110 eran nacionais e 41 internacionais.

A historiadora Carmen Manso guiará o vindeiro martes 13 unha visita á igrexa de San Domingos de Tui

Undefined

O próximo martes, 13 de agosto, a prestixiosa historiadora da arte Carmen Manso Porto realizará unha visita guiada á igrexa tudense de San Domingos. Forma parte  do ciclo “Coñece o noso patrimonio” que con gran éxito de público está realizando neste verán o Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Esta visita comezará ás 20.00 horas na propia igrexa dominica.

O 50% dos peregrinos que en xullo realizaron o Camiño Portugués comezaron en Tui

Undefined

O 50% das persoas que en xullo realizaron o Camiño Portugués comezaron o seu percorrido a Santiago en Tui. En concreto dos 11.519 peregrinos e peregrinas que optaron por esta vía xacobea 5.622 elixiron Tui para comezar o Camiño de Santiago. Deste xeito a cidade foi o primeiro punto de partida do Camiño Portugués, segundo de Porto con 2.095 peregrinos e Valença con 1.937.

Tui foi en xuño o primeiro punto de saída de peregrinos do Camiño Portugués

Undefined

Tui foi no mes de xuño o primeiro punto de saída de peregrinos do Camiño Portugués a Santiago. En concreto foron 4.083 persoas as que elixiron a cidade tudense para iniciar o Camiño Portugués, fronte ás 3.798 que partiron de Porto ou os 1.964 que o fixeron dende Valença. Amais no mes de xuño Tui foi o terceiro lugar de inicio do Camiño en todas das vías xacobeas,  logo de Sarria con 18.834 e St. Jean Pied de Port con 6.067.

Seis visitas guiadas por especialistas forman parte do programa “Coñece o noso Patrimonio”

Undefined

O Instituto de Estudios Tudenses retoma, tras o éxito do ano pasado, o seu programa denominado “Coñece o noso patrimonio” que comprende un total de seis visitas guiadas a elementos patrimoniais tudenses a cargo de especialistas do propio Instituto. Este programa, a desenvolver neste mes de xullo e no de agosto, conta coa colaboración da concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui.

Programa “Coñece o noso Patrimonio”

O Instituto de Estudios Tudenses retoma, tras o éxito do ano pasado, o seu programa denominado “Coñece o noso patrimonio” que comprende un total de seis visitas guiadas a elementos patrimoniais tudenses a cargo de especialistas do propio Instituto. Este programa, a desenvolver neste mes de xullo e no de agosto, conta coa colaboración da concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui.

Tui participa en Zamora no XIII Congreso Internacional Sefardí

Undefined

Tui participará cun relatorio no XII Congreso Internacional Sefardí que se celebrará en Zamora do 1 ao 3 de xullo. Está organizado polo Centro Campantón, unha asociación fundada en 2013 co obxectivo de estudar, preservar e comunicar o legado xudeu da cidade e a provincia de Zamora.

A temática elixida para a XII edición do Congreso será Os sefardíes hoxe, aspirando a ofrecer unha visión ampla da presenza dos xudeus de tradición hispano-portuguesa na actualidade. Nesta nova edición do Congreso Internacional Sefardí participan estudosos e investigadores de España e Portugal.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo