Un percorrido nocturno polo barrio xudeu na fin de semana é a proposta para o mes de outubro nas visitas guiadas gratuítas
As visitas guiadas gratuítas á cidade de Tui cambian o seu horario durante o mes de outubro e tamén a súa periodicidade. Pasan a realizarse os venres, sábados e domingos ás 20.15h cun percorrido aproximado dunha hora polo barrio xudeu. Con estas visitas nocturnas búscase ofrecer outra imaxe da cidade apreciando aspectos que as veces pasan desapercibidos á luz do día.





A presenza da comunidade xudía e xudeoconversa en Tui deixou unha importante pegada na cidade que en boa parte se conserva ata os nosos días. Tui atesoura así un do patrimonios vinculados á cultura xudía mellor conservados de Galicia, con pezas únicas de gran valor coma son os Sambenitos, a casa de Salomón e a Menorá da Catedral.