Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Éxito de participación nas actividades do Setembro Xudeu

12/09/2024

Preto de 250 persoas acudiron ás visitas temáticas da pasada fin de semana

“Estamos moi satisfeitos pola magnifica acollida das visitas temáticas da pasada fin se semana arredor do patrimonio xudeu de Tui” sinala a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez logo da excepcional acollidas as actividades celebradas o pasado sábado e domingo cunha participación de arredor de 250 persoas.

Destaca especialmente a visita temática celebrada o sábado 7 pola noite cun percorrido guiado polo patrimonio tudense relacionado coas comunidades xudías e criptoxudías que congregou a cerca de 200 asistentes que ao remate da visita participaron nunha degustación de viño kosher.

O domingo pola mañá desenvolveuse unha nova visita temática que ao longo do seu percorrido contou con dous momentos musicais, nos que tivo lugar a interpretación de pezas sefardís a cargo de dos músicos novos da nosa contorna, António Sérgio Teles e Chus López, que deleitaron aos asistentes coas pezas interpretadas na portada norte da catedral e diante do convento das Clarisas ou “Encerradas”. Tamén houbo unha alta asistencia superando o medio centenar de participantes.

O vindeiro domingo, 15 de setembro, haberá unha nova cita destas visitas temática.