Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mellora da iluminación artística e eficiencia enerxética da Catedral dentro do PSTD A Despensa de Galicia

20/09/2024

Unha delegación da Secretaría de Estado de Turismo e da Axencia de Turismo de Galicia visitaron hoxe Tui

Un proxecto de iluminación artística e eficiente que mellorara a actual iluminación vaise executar na Catedral de Tui dentro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) A Despensa de Galicia do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño do que Tui forma parte.

O obxectivo é poñer en valor este elemento destacados do patrimonio tudense.

Hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, recibiron esta mañá a delegación da Secretaría de Estado de Turismo e da Axencia de Turismo de Galicia que visitaron a cidade para coñecer de preto este proxecto.  Estiveron presentes a directora Xeral de Políticas Turísticas da Secretaría de Estado de Turismo, Ana Muñoz Tabarés; a subdirectora Adxunta de Desenvolvemento e Sostibilidade Turística do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Ilona Shekyants; o director de Competitividade de Turismo de Galicia, Iván Meléndez; a xefa da área de Calidade e Proxectos Europeos de Turismo de Galicia, Marta Trebolle, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González; a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís; o alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero; entre outros.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, “a posta en valor do noso patrimonio cultural, mellorando a súa iluminación e eficiencia, non só embelece a nosa contorna, senón que tamén permitirá crear novas oportunidades turísticas e culturais, fomentando a aparición de actividades sostibles e de calidade”.