Tui acada o apoio de Paradores á conmemoración do oitavo centenario da consagración da Catedral
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, reuníronse esta tarde coa directora de Paradores, Raquel Sánchez, e co secretario xeral, Ricardo Mar, logrando o compromiso desta entidade para a difusión, a nivel nacional e internacional, dos actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui, que terán lugar entre novembro de 2025 e decembro de 2026.