Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Conferencia sobre “El mundo judío comunicado a través del arte” este venres en Tui

Undefined

Este venres, 6 de setembro, terá lugar unha nova actividade do programa do “Setembro xudeu en Tui” que consiste nunha conferencia sobre “El mundo judío comunicado a través del arte” a cargo de Israel Doncel, director de comunicación de Centro Sefarad-Isarel. Será ás 19.30 h na Sala Municipal.

Oito establecementos participan na ruta de tapas de bacallau nas Xornadas Gastronómicas Sefardís

Undefined

Esta semana  comezan as Xornadas Gastronómicas Sefardís que se van celebrar os venres e sábados deste mes dentro das actividades programadas polo Concello de Tui para o “Setembro xudeu”. Estas Xornadas Gastronómicas Sefardís innovan este ano coa oferta da “Ruta de tapas de bacallau” na que participan oito establecementos de hostalaría da nosa cidade cunha oferta variada para degustar.

Participan nesta ruta de tapas do bacallau os seguintes establecemento:

Tui consolida o seu liderato coma lugar de inicio do Camiño Portugués

Undefined

No mes de agosto Tui consolidou o seu liderado como lugar de inicio do Camiño Portugués. Os datos da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago de Compostela referidos ao pasado mes de agosto de 2024, recollidos en base ás “Compostelas” entregadas, recollen que o Camiño Portugués foi recorrido nese mes por un total de 14.878 peregrinos cun incremento do 9% en relación aos datos do pasado ano.

Presentación do libro “Una judía en el Camino de Compostela” e da exposición “Luces de esperanza dende os sambenitos de Tui” de Vilma Faingezicht

Undefined

O próximo luns, 2 de setembro, ás 20 h, na Sala Municipal de Exposicións, do Concello de Tui terán lugar tres actividades dentro do  programa “Setembro xudeu en Tui”.

A visita temática sobre “As familias xudías de Tui” abre o Setembro Xudeu en Tui

Undefined

O amplo programa de actividades que organiza o Concello de Tui para a celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía baixo o nome de “Setembro xudeu en Tui” comezarán este domingo, 1 de setembro, cunha visita guiada sobre “As familias xudías de Tui” que correrá a cargo do historiador tudense Suso Vila.

Setembro Xudeu

Visitas guiadas tematizadas, conferencias, exposicións, xogo de escape room, concerto de música sefardí, as xornadas gastronómicas sefardís centradasnunha ruta de tapas de bacallau... son as ofertas da programación do “Setembro xudeu”. Deste xeito Tui súmase a celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, como ven facendo dende 2006.

Unha ducia de actividades enchen o “Setembro Xudeu” en Tui con visitas guiadas, conferencias, exposicións, música e ruta de tapas

Undefined

O mes de setembro en Tui estará centrado nas actividades programadas para a posta en valor do patrimonio que atesoura esta localidade en relación coa presenza de comunidades xudías e criptoxudías ao longo dos séculos nesta histórica cidade.

A celebración, en 35 países de toda Europa, na primeira fin de semana de setembro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía - que Tui celebra dende o ano 2006 - é a oportunidade para un amplo programa de actividades que percorren todo o mes.

Unha árbore simbolizará á familia da Red de Juderías na Xornada Europea da Cultura Xudía 2024

Undefined

Un ano máis, e como cada mes de setembro, o novo curso arrincará nas cidades da Red de Juderías coa celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, un ciclo de eventos no que participan 37 países europeos para poñer en valor a importancia da herdanza da cultura xudía e o seu patrimonio. Cada ano, os organizadores das xornadas seleccionan unha temática central que serve como punto focal para debates, actuacións e diversas actividades culturais.

A visita “Evolución urbana de Tui: do burgo altomedieval á cidade de Fernando II” pecha o ciclo “Coñece o noso patrimonio

Undefined

"Evolución urbana de Tui: do burgo altomedieval á cidade de Fernando II" é o título da visita a cargo de Suso Vila, doutor en Historia da Arte pola USC, que pechará o próximo martes, 20 de agosto o ciclo “Coñece o noso patrimonio” que este verán permitiu o achegamento ao patrimonio tudense.

A Oficina Municipal de Turismo de Tui atendeu 151 peregrinos de 14 nacionalidade e 15 provincias na fin de semana

Undefined

Esta segunda fin de semana do mes de agosto estivo significada pola notable presenza de peregrinos polas rúas do conxunto histórico tudense, servindo como referencia desta afluencia os datos que proporciona a Oficina Municipal de Turismo de Tui. Así este punto de información turística atendeu o venres 9, sábado 10 e domingo 11, a un total de 151 peregrinos de catorce nacionalidades distintas e de 15 provincias españolas.

Do total de 151 peregrinos 110 eran nacionais e 41 internacionais.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo