O grupo Camino Portugués from Tui en Facebook acada os 10 mil membros en Facebook
O Camiño Portugués ao seu paso por Tui continúa a crecer non só en número de peregrinos e peregrinas que o percorren senón tamén no seu seguimente nas redes sociais.
Así o grupo “Camiño Portugués from Tui”, en Facebook promovido polo Concello de Tui dende outubro de 2023, acadou estes días a cifra de 10.000 membros activos, un número récord no mundo das redes sociais. Cómpre destacar que se trata dun caso único: un grupo en lingua inglesa e centrado, concretamente, nunha cidade dunha ruta xacobea.




