Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui e o IKFEM agradecen con música aos voluntarios da COVID19 o seu labor

3/10/2020

O Concello de Tui e o IKFEM amosaron onte o seu agradecemento aos colectivos que dende o inicio da pandemia teñen colaborado co Concello en diversas facetas. O agradecemento chegou en forma de velada musical coa asistencia de 25 persoas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño e do Voluntariado da Caridade de San Vicente de Paul ao concerto inaugural que ofreceu no Teatro Municipal o Quarteto Contratempus. 

Con este sinxelo xesto quíxose agradecer o importante labor realizado por estes e outros colectivos locais durante o confinamento e que continúa na actualidade. 

Onte á noite previo ao concerto o alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ao presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes, o director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo Lorenzo, a deputada de Turismo e Xuventude, Ana Laura Iglesias, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, membros da corporación, e a directora do IKFEM, Andrea González, e outras autoridades presentes no teatro tudense compartiron uns momentos con estes voluntarios transmitíndolles persoalmente as grazas polo labor que realizan a diario e que nestes tempos de pandemia ten adquirido aínda maior importancia.