A casa do concello iluminouse de rosa polo Día Mundial contra o Cancro de mama
20/10/2020
A casa do concello de Tui iluminouse de rosa esta pasada noite con motivo do Día Mundial contra o Cancro de mama que tivo lugar onte luns. Deste xeito o Concello de Tui súmase ás iniciativas que cada 19 de outubro buscan concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade. Cómpre lembrar que o cancro de mama é o tipo de tumor máis frecuente en mulleres, e que en España diagnostícanse cada cano 33.307 novos cancros de mama.