Servizo de Atención Temperá do Baixo Miño
A publicación do Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá, significou un punto de inflexión na consideración da Atención Temperá. Dende o 15 de setembro a Mancomunidade do Baixo Miño, conta cun servizo de atención temperá nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui.
Que é a Atención Temperá?
Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.
A quen se dirixe a Atención Temperá?
Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastorno do desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, ás familias e á contorna empadroados nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui.
Quen pode informar dunha sospeita de trastorno de desenvolvemento nun neno?
As propias familias, as escolas infantís, os servizos sociais comunitarios ou outras instancias que traten co menor e coa familia. No caso de que a sospeita sexa fora da familia, debe informarse á mesma para que acudan ao servizo de pediatría.
A onde debo dirixirme para obter mais información?
- Ao servizo de pediatría que derivará, no caso de que o considere, á Unidade de AT.
- Aos servizos sociais dos concellos de Tomiño, Tui, A Guarda ou O Rosal
- Aos servizos de orientación dos centros educativos nos que esté matriculado o neno ou nena.
- Ao servizo de atención temperá da Mancomunidade do Baixo Miño, chamando ao teléfono 886 15 61 72 ou a través do correo electrónico atenciontempranamibm@cogami.gal.
Horario de Atención
- De luns a venres de 9 a 14 h e de 15 a 19.30 h
Contacto
- Teléfono: 886 156 172
- E-correo: atenciontempranamibm@cogami.gal