Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A casa do concello ilumínase de verde até o domingo con motivo do Día Mundial contra o cancro

5/02/2021

A casa do concello de Tui ilumínase de verde dende esta pasada noite e até o domingo con motivo do Día Mundial contra o cancro. Deste xeito búscase visibilizar esta enfermidade.

Este ano dende a AECC puxeron en marcha unha campaña na que sinalan que o cancro é igual para todas as persoas, pero non todas somos iguais fronte a cancro, por iso, desde a AECC presentan un #AcuerdoContraElCáncer para eliminar estas desigualdades. Inciden tamén en como a pandemia ten agravado a situación dos pacientes de cancro.

Dende a Asociación Española contra o Cancro convidan a asinar o manifesto dispoñible na súa web.