Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A condición fronteiriza do municipio fixo que de sempre as cuestións relativas á seguridade  tiveran gran importancia en Tui. Distintos corpos de seguridade teñen presenza na cidade,  comezando naturalmente pola Policía Local, que se encarga da seguridade e do tráfico en Tui, amais de facer cumprir as ordenanzas municipais, é, por suposto, o corpo policial máis cercano aos cidadáns.

A Policía Local de Tui detén a un varón de 45 anos por tres presuntos delitos de danos e contra a seguridade viaria

Galego

A Policía Local de Tui detivo esta pasada fin de semana a un varón de 45 anos tras a comisión dun presunto delito de desobediencia grave aos axentes da autoridade, delito contra a seguridade viaria e delito de danos. 

Tui conta dende o pasado sábado 1 de abril con vixilancia nocturna por parte da Policía Local

Undefined

Dende este sábado día 1 de abril o municipio de Tui conta con vixilancia nocturna por parte da Policía Local. Dous axentes estarán na quenda de noite, que se recupera grazas á incorporación de cinco policías locais hai un mes tras completar a súa formación durante un ano na Academia Galega de Seguridade Pública, AGASP.

O concello de Tui amosa o seu agradecemento aos servizos de emerxencia e corpos de seguridade

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, en nome da corporación municipal, quere trasladar o agradecemento da institución municipal aos equipos de emerxencia así coma aos corpos e forzas de seguridade pola súa actuación nos feitos acontecidos na madruga do luns no conxunto histórico de Tui.

Así por unha banda destacase o labor realizado polos membros da Policía Local e da Garda Civil. Especialmente cómpre destacar a rapidez e eficiencia demostrada pola Garda Civil na resolución destes feitos que levaron á detención na presunta autora dos feitos en tan so unhas horas.  

O Concello de Tui contrata a un avogado para asesorar ás persoas afectadas polos incendios no conxunto histórico na reclamación ante as aseguradoras

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a membros do equipo de goberno de todos os grupos da corporación municipal reuniuse onte á tarde no salón de sesións da casa do concello con medio centenar de persoas afectadas polos incendios rexistrados en cinco puntos do conxunto histórico de Tui na madrugada do domingo ao luns.

Ás 20 h convócase a unha reunións ás persoas afectadas polos incendios rexistrados esta noite

Undefined

O Concello de Tui amosa súa total condena aos feitos acontecidos esta noite no conxunto histórico de Tui onde foron queimados máis de vinte coches en distintos puntos.

Tras estes graves feitos o concello de Tui solicita a colaboración cidadá para que aquelas persoas que poidan ter algunha información sobre os autores destes incendios se dirixan ao cuartel da Garda Civil de Tui. 

Hoxe incorporáronse cinco axentes da Policía Local

Undefined

A plantilla da Policía Local de Tui ven de ser reforzada coa incorporación de cinco axentes que veñen de completar a súa formación dun ano na Academia Galega de Seguridade. Son catro homes e unha muller, sendo a primeira vez na historia que Tui conta cunha muller coma funcionaria da Policía Local.    

Este mediodía foron recibidos na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e polo concelleiro de Persoal e Seguridade, José Ramón Magán, que lles deron á benvida ao Concello de Tui. 

O concello de Tui recolle e dixitalizará o material da Iniciativa Cidadá Tudense pola Vida en Paz e Liberdade

Galego

A Iniciativa Cidadá Tudense pola Vida en Paz e Liberdade fixo entrega o pasado venres ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, de toda a documentación reunida nos anos en que estivo en actividade, así coma da pancarta que empregaban nas concentracións que convocaban cada vez que se producía un atentado terrorista.

Agora será o Concello de Tui quen, tras dixitalizar todo este material, o remita ao Centro Memorial das Vítimas do Terrorismo situado en Vitoria.  A copia dixital quedará no Arquivo Municipal de Tui.

Estableceuse un cambio de sentido da circulación nun tramo da rúa Maristas

Undefined

Estableceuse un cambio de sentido da circulación nun tramo da rúa Maristas.

Pasa a ser de sentido único de circulación dende o cruzamento coas rúas Casal Aboy e Mártires de Sobredo, até o cruzamento coa rúa Oia, en dirección á rúa Oia.

Con este cambio preténdese evitar o colapso de tráfico que se producía no cruzamento entre as rúas Casal Aboy, Maristas e Mártires de Sobredo.

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Seguridade