Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A condición fronteiriza do municipio fixo que de sempre as cuestións relativas á seguridade  tiveran gran importancia en Tui. Distintos corpos de seguridade teñen presenza na cidade,  comezando naturalmente pola Policía Local, que se encarga da seguridade e do tráfico en Tui, amais de facer cumprir as ordenanzas municipais, é, por suposto, o corpo policial máis cercano aos cidadáns.

Protección Civil de Tui conta cunha nova directiva

Undefined

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui conta con nova xunta directiva froito das eleccións celebradas hai uns días. Así Juan Manuel González Estévez ocupa o cargo de presidente, María Fernanda Abreu Estévez é a secretaría e Adolfo Pérez Paramos o tesoureiro. Mentres os vogais son Nicolás Francisco Martínez Pazo, Alberto Solleiro Álvarez, Isaac Estévez Carballal  e Cristina Álvarez Bernárdez.

Un detido, unha alcoholemia positiva e denuncias por incumprimento da obrigatoriedade do uso de máscara entre as actuación da Policía Local na fin de semana

Undefined

Un detido por agresión a axentes, unha denuncia por duplicar a taxa de alcohol permitida, e outras por non usar a máscara foron parte das actuacións esta fin de semana da Policía Local de Tui. 

O venres, axentes da Policía Local, deron o alto ao condutor dun vehículo que circulaba de forma errática, procedendo a denuncialo en vía administrativa ao dar resultado positivo na proba de alcoholemia en aire expirado realizada co etilómetro de precisión debidamente homologado. O resultado final foi de 0,58 mg/l en aire expirado, superando o dobre da taxa permitida regulamentariamente.

A Policía Local detivo o sábado a un condutor por agresión a un axente

Undefined

Esta fin de semana a Policía Local de Tui detivo a un condutor por agresión a un axente. Os feitos tiveron lugar o sábado pola tarde cando axentes da Policía Local deron o alto a un varón por conducir de forma errática, o que fixo sospeitar que podería conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.  Ao realizarlle a proba de alcoholemia cun alcoholímetro indiciario deu unha taxa que cuadriplicaba a taxa legalmente permitida. Por este motivo o acompañaron ás dependencias policiais para sometelo á proba no etilómetro regulamentario.

O próximo luns reactívase o control da Zona Azul no centro urbano

Undefined

O próximo luns, 8 de xuño, reactivarase o control na Zona Azul de estacionamento gratuíto e limitado no tempo, que se suspendera no inicio do estado de alarma.

A Zona Azul, na que se pode estacionar de forma gratuíta durante un máximo de hora e media, aplícase nas rúas Augusto González Besada, Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías.  Tamén nas novas prazas de estacionamento en Calvo Sotelo dende o cruzamento con Augusto González Besada até o cruzamento coa rúa Maristas. Son en total máis dun centenar de prazas.

Mañá non se poderá estacionar nin circular pola rúa Augusto González Besada

Undefined

Mañá mércores, 20 de maio, vaise proceder ao pintado da sinalización horizontal na rúa Augusto González Besada, como paso previo ao establecemento do sentido único de circulación nesta vía.

Por este motivo mañá dende ás 8 h non se poderá estacionar neste rúa, e tampouco se poderá circular salvo para o acceso á rúa Rosa Bahamonde ou Foxo.

O pintado da sinalización horizontal comprenderá tanto a sinalización do sentido único de circulación coma das prazas de aparcamento.

Hoxe é o derradeiro día do percorrido da Policía Local, Protección Civil e sanitarios ás 20 h

Undefined

Cada tarde ás 20 h dende hai 50 días soan os aplausos escribindo no aire a palabra “Grazas” a sanitarios, a forzas e corpos de seguridade, a todos aqueles que teñen velado por nós…

Cada tarde a esa hora a Policía Local, Protección Civil e sanitarios percorren as rúas tudenses facendo soar as sirenas e aplaudíndonos tamén por quedar na casa.

Agora cando pouco a pouco podemos volver saír nas franxas horarias establecidas, hoxe será o derradeiro día no que se realice este percorrido polas rúas de #Tui.

Dende hoxe sábado 2 de maio permítense os paseos e facer deporte

Undefined

Dende hoxe sábado, 2 de maio, está permitida a actividade física non profesional e os paseos a persoas maiores de 14 anos, seguindo sempre as medidas de seguridade establecidas. Está actividade está permitida nas seguintes franxas horarias e tengo en conta as seguintes condicións:

Deporte

  • 1 vez ao día
  • Dentro do municipio
  • De xeito individual

Paseos:

Mañá realizaranse os test por COVID 19 aos membros da Policía Local

Undefined

Un equipo do SERGAS desprazarase mañá até Tui para realizar o test do COVID 19 aos membros da Policía Local que nas últimas xornadas estiveron en contacto co auxiliar da Policía Local que deu positivo por coronavirus. Esta persoa está illada no seu domicilio dende o pasado sábado cando acudiu ao médico tras presentar o venres os primeiros síntomas. No día de onte recibiu o resultado positivo no test.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Seguridade