Tui coordina os servizos básicos municipais ante a crise do coronavirus
Esta mañá celebrouse no concello de Tui unha reunión de coordinación dos Servizos Básicos Municipais para facer fronte a posibles emerxencias derivadas da crise do coronavirus.
A condición fronteiriza do municipio fixo que de sempre as cuestións relativas á seguridade tiveran gran importancia en Tui. Distintos corpos de seguridade teñen presenza na cidade, comezando naturalmente pola Policía Local, que se encarga da seguridade e do tráfico en Tui, amais de facer cumprir as ordenanzas municipais, é, por suposto, o corpo policial máis cercano aos cidadáns.
Esta mañá celebrouse no concello de Tui unha reunión de coordinación dos Servizos Básicos Municipais para facer fronte a posibles emerxencias derivadas da crise do coronavirus.
O Concello de Tui vén de acordar unha serie de medidas para previr o contaxio por Coronavirus. Estas decisións adoptáronse por unanimidade na xunta de portavoces celebrada este mediodía na casa do concello. A duración ou modulación das medidas adoptadas se tomará de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.
Así pecharanse as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo dende mañá e suspéndese a programación propia.
Esta mañá reuniuse a Xunta Local de Seguridade na casa do concello de Tui presidida polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba. Asistiron representantes da Policía Local, Garda Civil e Policía Nacional.
A partir do 1 de febreiro o Concello de Tui procederá a realizar un cambio no sentido de circulación das rúas na zona de San Bartolomeu. Deste xeito as rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial pasarán a ter sentido único. O obxectivo é axilizar o tráfico e mellorar a seguridade vial na zona.
Os axentes da Policía Local de Tui David González Martínez e Esteban Álvarez González recibiron esta mañá o agradecemento dunha familia de Tui a que hai uns meses axudaron na busca do seu fillo, menor de idade, que se perdera durante a xornada escolar. Bruno Correia e Beatriz Correa amosaron aos axentes o seu agradecemento polo labor realizado na localización do seu fillo.
A Policía Local abriu onte expediente sancionador a unha empresa pola colocación de carteis anunciadores dun evento en mobiliario urbano, en concreto en diversas farolas, incumprindo así o establecido na ordenanza municipal do ornato e a limpeza viaria. Tras a apertura do expediente esta mañá empregados municipais procederon á retirada dun total de 12 carteis anunciadores que serán depositados na nave municipal mentres se tramita o citado expediente.
Debido ao afundimento da beirarrúa e ao risco de afundimento de parte da calzada vénse de cortar un carril e prohibir a circulación a vehículos de máis de 3.500 quilos na rúa Loureiro, na zona da Veiga da Louro, preto da ponte romana. Dende a fin de semana detectouse xa o afundimento de parte das lousetas da beirarrúa polo que foron colocados valados no perímetro para evitar riscos para os peóns. As choivas das últimas xornadas e o incremento do caudal do río Louro teñen incrementado o problema. Solicítase circular coa máxima precaución pola zona.
Debido á crecida do río Louro está pechado o tramo da Ponte das Febres, en Ribadelouro, no Camiño Portugués de Santiago ao seu paso por Tui. Débese seguir o itinerario alternativo que está debidamente sinalizado.
O Concello de Tui pon hoxe en marcha a campaña “Na rúa coma na túa casa, Tui limpo é labor de todos”. Con esta iniciativa búscase a colaboración cidadá para manter a cidade limpa dando cumprimento ao recollido na Ordenanza Municipal Reguladora do Ornato Público e Limpeza Viaria.
Un modelo de cidade no que os peóns as bicicletas teñan prioridade é o que recolle o Plan de Mobilidade Sustentable do Concello de Tui que foi presentado este mediodía. O documento, elaborado pola empresa EPTISA recolle medidas a curto, medio e longo prazo nun horizonte temporal de dez anos, e cun investimento estimado de 16 millóns de euros. Para poder facer fronte a este investimento o Concello de Tui buscará distintas vías de financiamento a través dos distintos organismos e entidades que contan con liñas de subvencións para as accións previstas.