Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A condición fronteiriza do municipio fixo que de sempre as cuestións relativas á seguridade  tiveran gran importancia en Tui. Distintos corpos de seguridade teñen presenza na cidade,  comezando naturalmente pola Policía Local, que se encarga da seguridade e do tráfico en Tui, amais de facer cumprir as ordenanzas municipais, é, por suposto, o corpo policial máis cercano aos cidadáns.

As autoridades sanitarias confirman ao Concello de Tui a existencia no municipio de catro casos de contaxio por Coronavirus

Undefined

As autoridades sanitarias veñen de confirmar ao concello de Tui que catro persoas veciñas do municipio deron positivo no test do Coronavirus. Estas catro persoas están illadas nos seus domicilios onde se adoptaron as pertinentes medidas de seguridade. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade á poboación e informar que o Concello ponse a disposición das autoridades sanitarias para tomar as medidas oportunas.

Doados 3.500 pares de luvas de nitrilo para efectivos da Policía Nacional, Protección Civil, Policía Local e Emerxencias do Concello de Tuicía Nacional, Protección Civil, Policía Local e Emerxencias do Concello de Tui

Undefined

O Concello de Tui, a Policía Nacional, e os Servizos de Emerxencias recibiron este mediodía unha doazón de 3.500  luvas de nitrilo realizada polo futbolista J. Peleteiro do Aston Villa e do seu colaborador, o tudense Miguel Hermida. Mercaron todo o stock de luvas tiña a empresa local Recambios Rager para doar este material aos forzos e corpos de seguridade do Estado presentes en Tui así coma ao Concello de Tui que os empregará tanto na Policía Local, Protección Civil, e outro persoal municipal. 

Tui pecha as instalacións culturais e deportivas e suspende a programación propia coma medida preventiva ante o coronavirus

Undefined

O Concello de Tui vén de acordar unha serie de medidas para previr o contaxio por Coronavirus. Estas decisións adoptáronse por unanimidade na xunta de portavoces celebrada este mediodía na casa do concello. A duración ou modulación das medidas adoptadas se tomará de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Así pecharanse as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo dende mañá e suspéndese a programación propia.

As rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial pasarán a ser de sentido único dende o 1 de febreiro

Undefined

A partir do 1 de febreiro o Concello de Tui procederá a realizar un cambio no sentido de circulación das rúas na zona de San Bartolomeu. Deste xeito as rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial pasarán a ter sentido único. O obxectivo é axilizar o tráfico e mellorar a seguridade vial na zona.

Unha familia amosa o seu agradecemento á Policía Local polo seu labor, hai meses, na localización do seu fillo

Undefined

Os axentes da Policía Local de Tui David González Martínez e Esteban Álvarez González recibiron esta mañá o agradecemento dunha familia de Tui a que hai uns meses axudaron na busca do seu fillo, menor de idade, que se perdera durante a xornada escolar. Bruno Correia e Beatriz Correa amosaron aos axentes o seu agradecemento polo labor realizado na localización do seu fillo.

Aberto expediente sancionador a unha empresa pola colocación de carteis anunciadores incumprindo a ordenanza municipal

Undefined

A Policía Local abriu onte expediente sancionador a unha empresa pola colocación de carteis anunciadores dun evento en mobiliario urbano, en concreto en diversas farolas, incumprindo así o establecido na ordenanza municipal do ornato e a limpeza viaria. Tras a apertura do expediente esta mañá empregados municipais procederon á retirada dun total de 12 carteis anunciadores que serán depositados na nave municipal mentres se tramita o citado expediente. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Seguridade