Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A condición fronteiriza do municipio fixo que de sempre as cuestións relativas á seguridade  tiveran gran importancia en Tui. Distintos corpos de seguridade teñen presenza na cidade,  comezando naturalmente pola Policía Local, que se encarga da seguridade e do tráfico en Tui, amais de facer cumprir as ordenanzas municipais, é, por suposto, o corpo policial máis cercano aos cidadáns.

En marzo incorporaranse á Policía Local de Tui cinco novos axentes

Undefined

A Policía Local de Tui contará con cinco novos axentes a partir do mes de marzo, co que o número de efectivos pasará a ser de once axentes e un inspector xefe. Nas últimas semanas o servizo viuse afectado debido á baixa laboral de tres dos seis axentes con que conta actualmente o corpo, así coma a baixa do inspector xefe que continúa nestes momentos.

Os cinco novos axentes obtiveron a praza na Oferta de Emprego Público de 2021 e tras a súa formación durante un ano na Academia Galega de Seguridade, incorporaranse ao seu posto de traballo en Tui nas próximas semanas.

AVISO: Dispositivo especial de tráfico con motivo da Cabalgata Internacional

Galego

Tui recibirá mañá aos Reis Magos de Oriente nunha Cabalgata Internacional que percorrerá as rúas da Eurocidade. Por iso, a Policía Local despregará un dispositivo especial de tráfico que restrinxirá a circulación e o estacionamento nos lugares e horarios que se detallan a continuación:

-Queda prohibido estacionar dende ás 8h na rúa Augusto González Besada

-Tamén queda prohibido estacionar dende as 12h na Avenida de Portugal e rúa Martínez Padín en ambos sentidos.

-Haberá un corte de tráfico entre as 18h e as 19h dende a Avenida de Portugal até a rúa Calvo Sotelo.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui recibe formación en igualdade

Undefined

Seguindo co mandato da lexislación específica rexional  e  estatal, incluído o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e no marco do Programa Maruxa Mallo, financiado pola Deputación de Pontevedra, o Concello de Tui segue apostando pola formación en igualdade.

Neste caso foi dirixida aos compoñentes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, e impartida por Laura Seara, avogada, exdeputada e exsecretaria de Estado.

A Policía Local rescata a unha muller e aos seus tres cans que caeron por un talude de 4 metros en Caldelas

Undefined

Axentes da Policía Local de Tui rescataron este martes, 27 de decembro, a primeira hora a tarde a unha muller que caera por un talude duns catro metros ao río Miño en Caldelas.

Os feitos tiveron lugar no lugar de O Cachón na parroquia tudense de Caldelas este pasado martes pasadas as dúas da tarde cando a muller tentando rescatar a un dos cans caeu polo talude sendo incapaz de saír. Foi unha veciña que a acompañaba a que deu a voz de alarma ao 112, que a súa vez trasladou o aviso á Policía Local de Tui.

Mañá celébrase o II Concerto Solidario de Protección Civil en favor de SOS Tomiño Baixo Miño

Undefined

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui organiza por segundo ano consecutivo un Concerto Solidario a favor de SOS Tomiño Baixo Miño. No evento contan coa colaboración do Concello de Tui.

Este II Concerto Solidario terá lugar mañá sábado día 10, ás 18.00 h, no Teatro Municipal, e para acceder será necesario entregar 1 quilo de alimentos non perecedoiros, como mínimo, que se destinará a SOS Tomiño Baixo Miño.

Presentación do Concerto Solidario organizado pola Agrupación de Vountarios de Protección Civil de Tui

Undefined

Hoxe venres, 11 de novembro, ás 12 h na casa do concello de Tui será presentado o Concerto Solidario organizado pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui que se vai celebrar o sábado, 10 de decembro, no Teatro Municipal de Tui.

Tres voluntarios de Tui reciben o distintivo de permanencia de Protección Civil por máis de 25 anos na agrupación local

Undefined

Tres membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui recibiron o pasado sábado na Estrada, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, o distintivo de  permanencia de Protección Civil.

Trátase de José Pérez Alonso, Adolfo Pérez Paramos e Nicolás Martínez Pazos, que levan 32 anos formando parte da agrupación tudense. Foron 3 do 57 voluntarios de agrupacións de toda Galicia que recibiron este recoñecemento por levar máis de 25 anos formando parte de Protección Civil.

Os voluntarios de Protección Civil en formación continua

Galego

Os voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui fórmanse de maneira continua ao longo de ano coa realización de distintos cursos especializados.  Este colectivo pasará nun días a contar con vinte voluntarios, ao incorporarse seis persoas.

Estes novos voluntarios e voluntarias realizaron a pasada fin de semana no Porriño o curso básico para incorporarse á agrupación.

Tudenses dobremente condecorados polos seus méritos profesionais e deportivos

Undefined

Semana de múltiples condecoracións a tudenses.  Por unha banda catro axentes da policía local de Tui recibiron hoxe a Medalla ao Mérito Policial de Galicia pola súa actuación na explosión de material pirotécnico rexistrada 23 de maio de 2018 no barrio da Torre, en Paramos. 
Nun acto celebrado na sede da Academia Galega de Seguridade na Estrada, a Xunta premiou o labor policial do actual inspector xefe, Manuel Arca, do anterior no cargo, José Ramírez, e tamén dos axentes David González e Avelino Martínez.  

Páxinas

Subscribirse a RSS - Seguridade