Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A condición fronteiriza do municipio fixo que de sempre as cuestións relativas á seguridade  tiveran gran importancia en Tui. Distintos corpos de seguridade teñen presenza na cidade,  comezando naturalmente pola Policía Local, que se encarga da seguridade e do tráfico en Tui, amais de facer cumprir as ordenanzas municipais, é, por suposto, o corpo policial máis cercano aos cidadáns.

Cortado un carril e prohibida a circulación a vehículos de máis de 3.500 quilos na Veiga do Louro

Undefined

Debido ao afundimento da beirarrúa e ao risco de afundimento de parte da calzada vénse de cortar un carril e prohibir a circulación a vehículos de máis de 3.500 quilos na rúa Loureiro, na zona da Veiga da Louro, preto da ponte romana. Dende a fin de semana detectouse xa o afundimento de parte das lousetas da beirarrúa polo que foron colocados valados no perímetro para evitar riscos para os peóns. As choivas das últimas xornadas e o incremento do caudal do río Louro teñen incrementado o problema. Solicítase circular coa máxima precaución pola zona.

O Concello de Tui solicita a colaboración cidadá para manter a cidade limpa

Undefined

O Concello de Tui pon hoxe en marcha a campaña “Na rúa coma na túa casa, Tui limpo é labor de todos”.  Con esta iniciativa búscase a colaboración cidadá para manter a cidade limpa dando cumprimento ao recollido na Ordenanza Municipal Reguladora do Ornato Público e Limpeza Viaria.

Un modelo de cidade no que os peóns sexan a prioridade é o recollido no PMUS presentado esta mañá

Undefined

Un modelo de cidade no que os peóns as bicicletas teñan prioridade é o que recolle o Plan de Mobilidade Sustentable do Concello de Tui que foi presentado este mediodía. O documento, elaborado pola empresa EPTISA recolle medidas a curto, medio e longo prazo nun horizonte temporal de dez anos, e cun investimento estimado de 16 millóns de euros. Para poder facer fronte a este investimento o Concello de Tui buscará distintas vías de financiamento a través dos distintos organismos e entidades que contan con liñas de subvencións para as accións previstas. 

Presentación do PMUS mañá venres ás 12 h

Undefined

Mañá venres, 25 de outubro, ás 12 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do Plan de Mobilidade Sustentable do Concello de Tui.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, e o responsable do Departamento de Mobilidade de Eptisa empresa redactora do PMUS, Javier Vázquez.

Policía Local e Protección Civil de Tui fórmanse nun curso de Soporte Vital Básico

Undefined

Efectivos da Policía Local e de Protección Civil de Tui realizaron nos últimos días un curso sobre “Soporte Vital Básico”.

Catro axentes da Políca Local e catro voluntarios de Protección Civil formáronse durante horas en técnicas de reanimación, RCP, pondo en práctica a teoría en maniquíes de reanimación tanto de persoas adultas coma de bebés. Ao tempo aprenderon cómo facer o uso correcto dos desfibriladores dos que están dotados as instalacións deportivas municipais e as propias instalacións da Policía Local.

Mañá 1 de agosto reactivase o control na Zona Azul de estacionamento gratuíto limitado no tempo

Undefined

A partir de mañá, 1 de agosto, reactivarase o control na Zona Azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Esta Zona Azul abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías.  O estacionamento gratuíto limitado no tempo  a hora e media aplícase nestes viarios de 9 a 14 h e de 16 a 21h salvo domingos e festivos, segundo se recolle na Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.

O Paseo da Corredoira será peonil nas fins de semana de verán

Undefined

O Paseo da Corredoira pecharase ao tráfico rodado e ao estacionamento durante as fins de semana dos meses de xullo e agosto.  A medida comezará a aplicarse este sábado, 6 de xullo, e estará vixente até finais de agosto.  Deste xeito o sábado dende ás 14 h e até o domingo ás 00 h non se poderá estacionar nin circular no tramo do Paseo da Corredoira comprendido entre o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde e os soportais. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Seguridade