Visitas guiadas, xornada de debuxo, e concerto de Marta Quintana esta fin de semana na programación de ‘Setembro Xudeu en Tui’
Tui vivirá esta fin de semana unha ampla actividade dentro do programa “Setembro Xudeu en Tui” organizado polo Concello de Tui para pór en valor o amplo legado patrimonial das comunidades xudías e criptoxudías na cidade.
A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez Álvarez, convida a acudir esta fin de semana a Tui para gozar do amplo e diversificado programa de actividades previsto para coñecer o patrimonio xudeu e para gozar do conxunto histórico tudense, o segundo en superficie de Galicia e que atesoura un amplo acervo patrimonial.