A exposición sobre os Sambenitos da Catedral de Tui chega o próximo luns a Plasencia
Plasencia acollerá dende o próximo luns 26 de outubro e até o 11 de novembro a exposición sobre os Sambenitos da Catedral de Tui. A mostra puido visitarse anteriormente no Centro Sefarad-Israel de Madrid e nas cidades de Llerena e Ávila. Agora continúa a súa itinerancia achegándose á cidade de Plasencia, Cáceres, que forma parte, como Tui, da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad.




