Visita guiada aos muiños do Tripes
"Coñece o noso patrimonio rural: Os Muíños do Tripes” é o ´titulo das visitas organizadas pola Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes en colaboración co Concello de Tui.
As prazas para a visita do venres 11 e do venres 18 están xa completas. Haberá unha nova visita o venres 25 ás 10 h para a que as persoas interesadas poden inscribirse de forma gratuíta en turismo@tui.gal.