Campamento de Verán Igual É + Tui 2021 - Documentación
Campamento Verano Igual é Máis Tui 2021 Documentación a presentar e solicitude
Prazo de presentación de solicitudes do 8 ao 16 de xuño.
Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.
Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre información, asesoramento e asistencia a mulleres”.
Campamento Verano Igual é Máis Tui 2021 Documentación a presentar e solicitude
Prazo de presentación de solicitudes do 8 ao 16 de xuño.
Esta mañá foron recibidas na casa do concello as tudenses Leticia López e María Martínez, piloto e copiloto de Rallys. Cun Peugot 107 están a competir no campionato galego no Open Donas. Hai un días participaban no Rally da Coruña, e o próximo sábado, 19 de xuño, participarán no Rally de Pontevedra.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, trasladáronlles as súas felicitacións polos resultados acadados.
O Concello de Tui vén de asinar, hai uns días, un convenio de colaboración con ACCEM, polo que esta organización realizará diversas actividades en Tui.
Con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, o Concello de Tui realizou un audiovisual "Únete á (r)evolución nos coidados" . Rende homenaxe ás mulleres que estiveron en primeira liña durante a pandemia, e que ao tempo constitúe unha reivindicación do valor dun traballo absolutamente feminizado e invisibilizado no que urxe promover a corresponsabilidade.
Este audiovisual foi proxectado o luns 8 de marzo de 2021 no acto institucional celebrado no edificio dos antigos xulgados.
Seis mulleres puxeron hoxe voz á reivindicación dunha igualdade real e efectiva en todos os ámbitos coa lectura do manifesto deste 8 de marzo, no acto institucional organizado polo Concello de Tui. O antigo edificio dos xulgados, na praza da Inmaculada acolleu esta conmemoración nun evento que foi transmitido en directo a través de YouTube, a web municipal e as redes sociais.
O Concello de Tui conmemora o O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cun acto institucional no edificio dos antigos xulgados na praza da Inmaculada.
O evento comezará coa proxección do audiovisual “Únete á R-Evolución nos coidados” que rende homenaxe ás mulleres que estiveron en primeira liña durante a pandemia,
A continuación seis mulleres darán lectura ao manifesto “O persoal é político” reivindicativo da axenda femininista en distintos ámbitos.
Este mediodía presentouse na casa do concello o III Plan de Igualdade entre homes e mulleres do Concello de Tui. Aprobado por unanimidade en plano o pasado mes de decembro, recolle a folla de ruta a seguir durante catro anos para lograr unha sociedade máis igualitaria e libre de violencia de xénero. Con este acto abriuse hoxe o programa de actividades previsto con motivo do Día Internacional da Muller, 8M.
A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Igualdade, Ana Núñez, e da técnica redactora do Plan, Laura Seara.
III Plan Municipal de Igualdade.
Aprobado en pleno en decembro de 2020.
Vixencia 2020-2024.
“Somos e seremos as loitadoras” é o lema co que este ano o Concello de Tui vai celebrar o 8M, Día Internacional da Muller. O obxectivo é visibilizar e lembrar a algunhas das mulleres que ao longo da historia acadaron os dereitos dos que hoxe gozan, pero tamén a reivindicación que as mulleres seguen a realizar en prol da igualdade real.
O IES Indalecio Pérez Tizón súmase aos actos do 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa recomendación do alumnado de diferentes libros que versan sobre a violencia de xénero.
Recomendación "O inferno de Marta"
Recomendación "Imparables. Feminismo e LGTB+"