Tui acollerá tres obradoiros do programa “Cultivando a Igualdade”
Neste mes de outubro impartiranse en Tui tres obradoiros do programa “Cultivando a Igualdade”. Están organizados por Fademur Galicia, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, coa colaboración do Concello de Tui e o financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social con cargo a asignación tributaria do IRPF.
O programa “Cultivando Igualdade” ten por obxectivo poñer o foco en como se caracteriza a violencia de xénero no medio rural, buscando tecer unha Rede de Espazos Seguros na contorna.




