Listaxe Admitidos e Novo Prazo Campamento de Verán Igual É +
Unha vez publicado o listado de admitidos/as, cada participante deberá solicitar a carta de pago da taxa do campamento, de 30,56€ por participante e quenda, ata o día 25 de xuño, as 14.00 horas:
- Presencialmente no departamento de tesourería do Concello de Tui, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome do participante e as quendas ás que este inscrito/a.
- Por enderezo electrónico cobros@tui.gal, indicando NIF, nome e enderezo completo do pai/nai/titor/titora tomador/a da taxa., ademais do nome do participante e as quendas ás que este inscrito/a
Para o pagamento da taxa, cada participante terá ata o día 25 de xuño, de forma presencial, en efectivo, no departamento de tesourería do Concello de Tui, ou ata o día 27 de xuño de forma telemática para realizar o pago da cota de inscrición de cada quenda.
REUNIÓN INFORMATIVA
O martes 29, ás 20.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, se manterá unha reunión informativa cos/as pais/nais/titores/titoras das persoas participantes, mantendo as medidas de seguridade establecidas en materia de COVID19.
Listaxe Admitidos Campamento de Verán Igual É +
APERTURA DUN NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS PRAZAS DISPOÑIBLES
Dado que non se cubriron todas as prazas dispoñibles, ábrese un novo prazo de inscrición para o Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021, ata o mércores 23 de xuño, presentando toda a documentación solicitada:
- Presencialmente no rexistro de entrada do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas
- A través da sede electrónica do Concello de Tui, ata o mércores 23 de xuño, ás 14.00 horas.
Estas prazas serán asignadas por orden de entrada do rexistro do concello ata completar o número dispoñible.
Estes novos inscritos/as, unha vez realizada a inscrición, tanto presencial, como telematicamente, deberán solicitar a carta de pago da taxa do campamento, do mesmo xeito que os xa admitidos/as.