Oficinas e Puntos de Información
Concello de Tui – Concellería de Igualdade
- Praza do Concello,
- 36700 Tui
- 986 60 36 25 ext 54 | 687 22 71 85
- E-correo: igualdade@tui.gal
- Web
Oficinas Municipais de Servizos Sociais
Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.
Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre información, asesoramento e asistencia a mulleres”.
Concello de Tui – Concellería de Igualdade
Oficinas Municipais de Servizos Sociais
Servizo municipal de apoio xurídico, psicolóxico, laboral e social para mulleres de Tui para a promoción da Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a erradicación da Violencia de Xénero.
Atención e asesoramento especializado e individualizado a mulleres en situación de violencia de xénero e/ou en situación de vulnerabilidade
Contacto:
O III Plan de Igualdade entre homes e mulleres do Concello de Tui foi aprobado por unanimidade en pleno no mes de decembro de 2020. Recolle a folla de ruta a seguir durante catro anos para lograr unha sociedade máis igualitaria e libre de violencia de xénero.
Os obxectivos do Plan de Igualdade son:
Unha vez publicado o listado de admitidos/as, cada participante deberá solicitar a carta de pago da taxa do campamento, de 30,56€ por participante e quenda, ata o día 25 de xuño, as 14.00 horas:
Unha vez publicado o listado de admitidos/as, cada participante deberá solicitar a carta de pago da taxa do campamento, de 30,56€ por participante e quenda, ata o día 25 de xuño, as 14.00 horas:
Música, contacontos infantís, encontros escolares e charlas informativas compoñen o “Tui con Orgullo”. Trátase dun programa co que a Concellería de Igualdade, do Concello de Tui, pretende celebrar a diversidade e loitar contra a LGBTIfobia, con motivo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ.
Música, contacontos infantís, encontros escolares e charlas informativas compoñen o programa “Tui con Orgullo” organizado pola Concellería de Igualdade, do Concello de Tui, con motivo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ.
O Concello de Tui, a través das concellerías de Igualdade e Deportes, realizará durante o mes de xullo o Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021.
Este campamento vai destinado aos nenos e nenas e mozos e mozas de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda).
Do 1 ao 31 de xullo vaise desenvolver o Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021 organizada polo Concello de Tui, a través das concellerías de Igualdade e Deportes.
Vai destinado aos nenos e nenas e mozos e mozas de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda).