Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui con Orgullo

Data: 
17/06/2021
Lugar: 
Tui

Música, contacontos infantís, encontros escolares e charlas informativas compoñen o programa “Tui con Orgullo” organizado pola Concellería de Igualdade, do Concello de Tui, con motivo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ.

  • Xoves, 17 de xuño
    • Encontro lector da escritora Eva Mejuto, galardoada co Premio Clubs de lectura 2021. Xirará entorno á obra “22 segundos”, a primeira novela xuvenil galega que trata a temática trans. Participará tamén no acto o activista trans Marcos Ceive.
      • Ás 10.30 h na biblioteca do IES San Paio
      • Ás 12.30 h na biblioteca do Institutos IES San Paio e o IES Indalecio Pérez Tizón.
  • Xoves, 24 de xuño
    • Ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica. Entrada libre ata completar capacidade.
      • Conferencia “A diversidade existe” a cargo de Soledad Fernández Costas, en representación de Chrysallis Asociación Estatal de Familias de Menores Trans.
  • Domingo, 27 de xuño
    • Ás 13.00 h no Palco da Música no Paseo da Corredoira
      • Vermú-concerto "O Benquerer(se)" con María Lado e Lucía Aldao
  • Luns, 28 de xuño
    • Ás 18.30 h na Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica. Entrada libre ata completar capacidade.
      • "Contos de todas as cores", contacontos infantil con Sandra Padro Ansín. Dirixida a público de 3 a 9 anos
    • Ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica. Entrada libre ata completar capacidade.
      • “Como naceu o  movemento LGTBIQ+ en España” coa Asociación Trans Miño