Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

Mañá preséntase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”

Undefined

Mañá martes, 30 de novembro, ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal, no edificio  Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”. Esta publicación ofrecerá información de todas ás areas sobre recursos, programas, dereitos, medidas de conciliación, directorio de contactos, etc. A edición da guía corresponde ao concello de Tui contando co financiamento da Deputación de Pontevedra. 

Tui centra a conmemoración do 25N na prevención da violencia sexual e a formación en igualdade

Undefined

A prevención da violencia sexual, especialmente na mocidade, e a formación en igualdade centran este ano 2021 os actos conmemorativos do 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que organiza o Concello de Tui.

No programa “Tui contra a violencia de xénero” empregarase a imaxe deseñada polo GDR 14 para os concellos que conforman este grupo de desenvolvemento rural.

Tui celebra o domingo 28 unha Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero

Undefined

O Concello de Tui, dentro dos actos conmemorativos do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, organiza a Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero 2021. Celebrarase o domingo, 28 de novembro, ás 12 h con saída dende o Paseo da Corredoira. Será un percorrido de 7 quilómetros, de dificultade doada,  que dende o Paseo da Corredoira, irá pola Avenida da Concordia, rúa Loureiro, Veiga do Louro, praia de Areeiros, Veiga do Louro, rúa Palláns, rúa Calzada, Coengo Valiño, Alameda de San Domingos, Xardíns de Troncoso, Paseo Álvarez Blázquez e regresará ao Paseo da Corredoira.

Marcha Ciclista contra a violencia de xénero

O domingo, 28 de novembro, ás 12 h con saída dende o Paseo da Corredoira celebrarase a Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero 2021, organizada polo Concello de Tui, dentro dos actos conmemorativos do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero,

Colaboran nesta actividade o Club Ciclista Locos por las Bicis, Protección Civil de Tui e a Cruz Vermella Portuguesa

O anexo da Sala Municipal de Exposicións acolle a mostra “Á Violencia de xénero… Dille NON!!”

Undefined

Dende hoxe mércores, 10 de novembro, e até o martes 23 deste mes pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición “Á Violencia de xénero… Dille NON!!”. Trátase dunha exposición gráfica ilustrada dirixida a axuda á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas ou nocivas nas súas relacións.

Exposición "A violencia de xénero...dille NON!

Dende o mércores, 10 de novembro, e até o martes 23 deste mes pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición “Á Violencia de xénero… Dille NON!!”. Trátase dunha exposición gráfica ilustrada dirixida a axuda á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas ou nocivas nas súas relacións. Está organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade e chega a Tui coa colaboración da concellería de Igualdade. 

O Concello de Tui impartirá formación en igualdade ao persoal municipal

Undefined

O próximo mércores, 10 de novembro, comezará a formación ao persoal municipal do Concello de Tui en igualdade. Tanto os traballadores e traballadoras coma os concelleiros e concelleiras recibirán formación en igualdade, no marco do Programa Maruxa Mallo. A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, explica que con este programa, financiado pola Deputación de Pontevedra, o concello de Tui rende tributo á pintora surrealista galega que estivo vinculada á cidade tudense, onde pasou un tempo da súa vida.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Igualdade