Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021

8/06/2021

Celebrarase no mes de xullo nas instalacións deportivas de Tui

O Concello de Tui, a través das concellerías de Igualdade e Deportes, realizará durante o mes de xullo o Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021.

Este campamento vai destinado aos nenos e nenas e mozos e mozas de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda).

O Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021 levarase a cabo co fin de ofrecer unha alternativa lúdica – deportiva - educativa aos nenos/as do concello. A finalidade deste campamento, é a de ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que poidan conciliar deste xeito a vida familiar e laboral, incorporando a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes, nos nenos e nenas que participen neles.

A primeira quenda realizarase do 1 ao 15 de xullo e a segunda do 16 ao 30 de xullo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, tendo a opción de aula matinal, de 8.00 a 09.00 horas, e aula de sobremesa, de 14.00 a 15.00 horas.

As inscricións formalizaranse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Tui ata o día 16 de xuño, ou no rexistro de entrada do Concello de Tui, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas, solicitando cita previa no número de teléfono 687.227.190, debido ás medidas establecidas polo Concello de Tui para a prevención da COVID19. O prezo será de 30,56€ por quenda.

O Campamento de Verán “Igual é +” TUI 2021 conta con 130 prazas, das que se reservan 20 prazas en total para casos de exclusión social debidamente acreditados polos Servizos Sociais Municipais.

Toda a documentación poderá descargarse da páxina web do Concello de Tui, www.tui.gal, ou na sede electrónica do Concello de Tui.

Campamento Verano Igual é Máis Tui 2021 Documentación a presentar e solicitude