Solicitude curso gratuíto de “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas”
Solicitude de inscrición no curso gratuíto de “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas”
Impartirase o sábado, 30 de novembro, de 10 a 14 h e de 17 a 20 h no pavillón do CEIP nº2 de Tui. Ofértanse 15 prazas que se cubrirán por orde de solicitude, tendo preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Tui. Será impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita, pertencentes a Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.




