Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Plan de Igualdade Municipal

O III Plan de Igualdade entre homes e mulleres do Concello de Tui foi aprobado por unanimidade en pleno no mes de decembro de 2020. Recolle a folla de ruta a seguir durante catro anos para lograr unha sociedade máis igualitaria e libre de violencia de xénero. 

 

Os obxectivos do Plan de Igualdade son:

  • Introducir a perspectiva de xénero no funcionamento do Concello
  • Implicar a todas as concellerías e departamentos municipais no desenvolvemento de políticas, programas, estratexias e accións de igualdade.
  • Detectar e combater as fendas de xénero económicas, sociais, culturais e políticas en Tui.
  • Favorecer a participación da cidadanía na posta en marcha das políticas de igualdade en Tui.
  • Poñer en marcha os mecanismos axeitados para remover os obstáculos que manteñen as discriminacións por razón de sexo e perpetúan a desigualdade estrutural das mulleres.

 

O Plan desenvólvese en 8 áreas de actuación o Concello; Emprego; Conciliación da vida familiar, laboral e persoal; Inclusión con perspectiva de xénero: Saúde, Calidade de vida e deporte; Coeducación e cultura; Urbanismo, Mobilidade, Medioambiente e Seguridade; e o Combate contra a violencia de xénero.  Nas mesmas recóllense en conxunto 50 medidas e 162 actividades a realizar.

 

As medidas contempladas aplicaranse de forma transversal en todas as áreas municipais.

 

Consultar III Plan de Igualdade

Áreas: 
Igualdade