Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá terá lugar a primeira proxección deste curso do programa “Cinema nas Aulas”

25/10/2021

Participarán 105 alumnos e alumnas de 4º  da ESO do IES San Paio

Mañá martes, terá lugar no Teatro Municipal de Tui a primeira proxección deste curso escolar 2021/22 do programa ”Cinema nas Aulas” que desenvolver o Servizo de Prevención do departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.

Mañá participarán na sesión programada un  total de 105 alumnos/as e  profesores/as de 4º de ESO do IES San Paio. Traballaran sobre a comprensión e análise da película; reflexionarán sobre o uso das novas tecnoloxías como procesos de comunicación, diferenciando beneficios e riscos destes novos procesos comunicativos. Outro dos obxectivos da proxección é que poidan darse conta da importancia que ten a procura de nosa propia identidade, autocoñecemento e a elección do camiño que se desexa tomar, para atopar benestar persoal e a propia felicidade.

No programa “Cinema nas Aulas” o cine é unha oportunidade de captar a atención dos máis novos, apoiar a súa capacidade de reflexión e favorecer a análise e a crítica dos contidos educativos que presenta. Búscase traballar o tema da prevención a partir das películas que se proxectan. Para iso facilítase ao alumnado e profesorado material complementario que, serve como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía, e permite profundar noutros ámbitos transversais que resulten de interese a cada docente.