Actividades de Verán 2022

Data:
9/06/2022
Lugar:
Tui
Este verán en Tui contamos cunha ampla oferta de actividade de lecer e deportivas promovidas tanto polo concello coma por distintas entidades, asociación e clubs:
Campamentos / Campus
Campamento de Verán Igual É + 2022
- Concello de Tui
- Do 27 de xuño ao 29 de xullo de luns a venres 9 a 14
- Aula matinal dende ás 7.45 h | Aula mediodía até ás 15.15 h
- Idades: de 3 a 12 anos
- Lugar: Instalacións municipais e espazos naturais
- Inscrición: Rexistro de entrada ou sede electrónica até o luns 13 de xuño
- + Información www.tui.gal
Campus Urbano Inglés no meu entorno
- Organiza: Aula da UNED de Tui
- Do 27 de xuño ao 8 de xullo de luns a venres de 10 a 18.30 h
- Idades: 10 a 15 anos
- Lugar: Aula da UNED
- Inscrición até o 25 de xuño
Campamento de Verán no CEIP Guillarei
- Organiza: ANPA do CEIP de Guillarei
- Do 23 de xuño ao 7 de setembro de luns a venres de 9 a 14 h. Opción de aula madruga e aula mediodía
- Idades: de 3 a 12 anos
- Lugar: Pavillón do CEIP de Guillarei
- Inscrición até o 17 de xuño no 675 91 63 55
Campamento de Verán en Caldelas
- Organiza: Asociación A Insua
- Datas: xullo e agosto
- Horario: de 9 a 14 h
- Inscrición: info@eventualive.com ou no 667 93 32 05
Bádminton
Adestramentos de Bádminton
- Organiza: Club Bádminton Tui
- Datas: xuño e agosto martes e xoves de 10 a 11.30 h e de 11.30 a 13 h
- Lugar: Pavillón do IES San Paio
- Inscrición: 685 96 03 70
Balonmán
Balonmán con amigos
- Organiza: Club Balonmán Tui
- Do 27 de xuño ao 1 de xullo de luns a venres de 9 a 13 h no colexio Maristas
- Do 1 ao 12 de agosto - Pavillón Gustavo Rodríguez
- Trátase dunha actividade gratuíta financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte.
- Pódese acadar máis información no 684 15 54 64 ou 656 764 852.
Música
Cursos de Música e Movemento e Proba Instrumental
- Organiza: Conservatorio Profesional de Música de Tui
- Do 27 ao 29 de xuño
- Idades de 5 a 10 anos
- Inscrición no Conservatorio Profesional de Música de Tui
Balonmán
Balonmán con amigos
- Organiza: Club Balomnán Tui
- Do 27 de xuño ao 1 de xullo de 9 a 13 h no Colexio Maristas
- Do 1 ao 12 de agosto no pavillón Gustavo Rodríguez
- Inscrición: 684 15 54 64 ou 656 764 852
- Actividade gratuíta financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte
Fútbol / Fútbol Sala
VI Campus de Fútbol Sara Tui
- Organiza: Club Deportivo Caldelas
- Do 27 de xuño ao 1 de xullo de 4 a 10 anos
- Do 4 de xullo ao 8 de xullo de 11 a 18 anos
- Horario: de 9 a 13 h
- Lugar: Campo Municipal de Fútbol O Foxo de Caldelas
- Inscrición: 680 81 13 58
V Campus de Fútbol Solidario do Tyde con SOS Tomiño Baixo Miño
- Organiza: Tyde FC
- Do 18 ao 22 de xullo de luns a venres de 10 a 13.30 h
- Idades: de 4 a 13 anos
- Lugar : Campo Municipal de Fútbol Álvarez Durán
- Inscrición: 616 73 92 69
Campus de Fútbol Sala Antonio Martín “Toñín”
- Organiza: A Quinta de Tui Fútbol Sala
- Do 4 ao 22 de xullo de luns a venres de 9 a 14.30 h
- Idades: de 4 a 15 anos
- Lugar: Pavillóns municipais
- Inscrición: campusfstui@gmail.com ou 690 05 85 79
Campus de Fútbol Sala Club Deportivo Fútbol Sala Tui
- Organiza: Club Deportivo Fútbol Sala Tui
- Do 22 de agosto ao 2 de setembro
- Instalacións: pavillóns municipais
- Inscrición: 669 48 24 25
Piragüismo / Remo
Cursos de Iniciación ao Piragüismo
- Organiza: Club Kaiak Tudense
- Datas: Do 1 de xuño ao 31 de agosto por quincenas luns, mércores e venres de 11 a 13 h ou de 16..45 a 19 h
- Idades: 8 a 14 anos
- Lugares: Centro de Tecnificación Deportiva e río Miño
- Inscrición e + información: kayaktudense@kayaktudense.org ou 687 99 84 97
Cursos de Verán de Remo do Miño
- Organiza: Club Remo do Miño
- Agosto
- Instalacións: pantalán das instalacións de remo e piragüismo
- Inscrición 651 91 51 50
Cursos de Verán de Remo Tui
- Organiza: Club Remo Tui
- Do 1 de xullo ao 31 de agosto luns, mércores e venres de 10.30 a 13.00 h
- Lugar: pantalán das instalacións de remo e piragüismo
- Inscrición: 648 70 58 89