O alcalde e a concelleira de Ensino recibiron hoxe ao alumnado do IES Indalecio Pérez que participou no programa Erasmus +
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, recibiron hoxe ao alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón que participou este curso no programa Erasmus +. O vicedirector do centro Xosé Manoel Álvarez acompañou na visita á casa do concello aos alumnos e alumnas do ciclo de Comercio Cristina Míguez, Estefanía Lago e Hanns Heironimus e do de Electricidade Miguel das Dores e Cristian Zilmam.





Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.