O Concello de Tui ten investido 40 mil euros en obras de mantemento nos centro educativos
Ao longo das últimas semanas, aproveitando as vacacións escolares, o Concello de Tui está realizando distintas obras de mantemento nos centros escolares cun investimento de 40 mil euros de fondos propios. O arranxo de teitos, solos, valados, pintado de aulas son parte das actuacións realizadas. Debido a antigüidade dos centros educativos dende a concellería de Ensino son conscientes da necesidade doutras reparacións que se irán acometendo.





Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.