Os 11 alumnos e alumnas do Souto do CRA Mestra Clara Torres despediron o curso na súa aula tras repararse os danos causados pola explosión de Paramos
Os once alumnos e alumnas da aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres despediron hoxe o curso escolar 2017/18 no seu centro logo de que foran reparados os danos ocasionados pola explosión do pasado 23 de maio no barrio da Torre. Até o colexio achegáronse esta mañá o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares. Estivo tamén presente a directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez, a titora e pais e nais do alumando.





Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.