Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ás 13h inaugúrase o novo comedor escolar no CEIP nº2 de Tui

30/04/2018

Ás 13h de hoxe luns, 30 de abril, terá lugar a inauguración do novo comedor escolar do CEIP nº2 de Tui. Dende hoxe os alumnos deste centro educativo que acoden a este servizo xantarán xa nas novas instalacións na antiga casa do mestre que foi reformada para albergar estas novas instalacións.

Á inauguración deste mediodía acudirán o alcalde, Carlos Vázquez Padín, e a concelleira de Educación, Mila González.