Reapertura da Aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres
20/06/2018
Mañá xoves, 21 de xuño, ás 12.30 horas terá lugar un pequeno acto de reapertura da aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres que resultara danada na explosión do pasado 23 de maio.
Asistirán o alcalde, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, e a directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez. Tamén estarán presentes a titora da aula, os nenos que mañá despedirán o curso na súa aula, e as súas familias.
Lembramos que tras os danos rexistrados na explosión o alumnado desta aula fora traslado á aula de Baldráns.