O quinto Faladoiro de Educación abordará o tema “Educando en positivo”
“Educando en positivo” é o título do Faladoiro en Educación a celebrar mañá xoves, 2 febreiro, ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica. Este é a quinto dos seis actividades previstas este curso nun programa organizado polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres que comezou o 3 de novembro. O derradeiro faladoiro terá lugar o 2 de marzo co tema “Na procura dunha proposta creativa de deberes”.





Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.