Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso alumnos-traballadores Obradoiro

Undefined

Hoxe día 17.10.2022 reuniuse o tribunal para a resolución da alegación a  valoración de méritos do proceso do alumnado-traballador do Obradoiro de emprego. 

Unha vez resolta a alegación as puntuacións son definitivas, o mesmo que a relación de candidatos a contratar e a listaxe de reserva

Esta administración remitirá  a relación o Servizo Público de Emprego de Galicia, para a emisión do informe sobre o cumprimento dos requisitos para ser contratados.

Proceso alumnos Obradoiro Emprego

Undefined

Hoxe día 13.10.2022 reuniuse o tribunal para a valoración de méritos do proceso do alumnado-traballador do Obradoiro de emprego, os aspirantes dispoñen de 1 día hábil para presentar alegacións as puntuacións provisionais da fase de concurso. Prazo que remata o venres día 14/10/2022.

Unha vez finalizado o prazo de alegacións se non se presentase algunha as valoracións provisionais entenderánse definitivas,os efectos de remitir a relación o Servizo Público de Emprego de Galicia, para a emisión do informe sobre o cumprimento dos requisitos para ser contratados.

Proceso de selección formación de lista de reserva profesores de óboe

Undefined

O Concello de Tui, publicou hoxe no BOPPO anuncio de inicio de prazo de presentación de instancias para o proceso de selección para a ampliación e unificación da lista de reserva para contratacións temporais de profesores de óboe.

O prazo de presentación de instancias (de 5 días hábiles) é dende o mercores día 13/10/2022 ata o mercores 19/10/2022.

Para mais información prema aquí

PROCESO SELECTIVO AMPLIACIÓN E UNIFICACIÓN LISTA RESERVA OBOE

Hoxe reuniuse o tribunal de selección do proceso para ampliación de lista de reserva para contratacións temporais de profesores de óboe, polo que se publican as puntuacións provisionais. A aspirante dispón de 3 días hábiles para a presentación de alegacións. Se non se presentasen alegacións as puntuacións provisionais serán definitivas.

Proceso selección alumnos traballadores Obradoiro de Emprego "Senda peoníl río Furnia"

Undefined

Unha vez finalizada a fase de entrevista do proceso de selección dos alumnos traballadores do Obradoiro senda peoníl río Furnia, publicanse as puntuacións provisionais, os aspirantes dispoñen dun día hábil para presentar alegacións as mesmas, prazo que remata o luns día 10/10/2022.

Proceso selectivo director, titor, docentes e auxiliar administrativo Obradoiro emprego

Undefined

O tribunal do proceso selectivo do persoal director, titor, docente e auxiliar administativo para o Obradoiro de emprego Senda peonil río Furnia, realizou hoxe día 22/09/2022 a valoración dos méritos e realizouse as probas da fase de oposición, polo que procede a publicarse as puntuacións provisionais, os aspirantes dispoñen de UN DÍA HÁBIL  para a presentación de alegacións as puntuacións provisionais, prazo que remata o venres día 23/09/2022

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego