Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso selectivo praza auxiliar de arquivo e biblioteca

Undefined

Con data 21/09/2022 publicouse no BOPPO anuncio coa lista provisional de admitidos e excluídos,  o nomeamento do tribunal e prazo de alegacións e recusación dos membros do tribunal do proceso selectivo para a praza de auxiliar de arquivo e biblioteca da oferta de 2019, o prazo de alegacións é de de 10 días hábiles, prazo que remata o 05/10/2022

Proceso selectivo persoal OBRADOIRO SENDA PEONIL RÍO FURNIA

Undefined

Mediante Resolucións da Concellería delegada de persoal se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos dos procesos de selección de 20 alumnos traballadores, do director/a do titor/a, dos dous docentes e do auxiliar administrativo para o Obradoiro dual de emprego "Senda peonil río Furnia", os candidatos dispoñen do prazo de 1 día hábil para presentar alegacións (o prazo remata o día 20/09/2022).

Proceso de selección persoal Obradoiro dual de emprego "senda peoníl río Furnia"

Undefined

O Concello de Tui, ten aberto dous procesos de selección  un de 20 alumnos traballadores e outro para a contratación dun director/a, titor/a. dous docentes e un auxiliar administrativo para o Obradoiro dual de emprego "Senda peonil río Furnia", a preselección dos candidatos o para ditos procesos realizase mediante demanda o servizo de emprego da Oficina de Tui.

Proceso de selección persoal director-titor-docente e auxiliar administrativo para o Obradoiro de Emprego Senda peonil río Furnia

Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal se aceptou a proposta do tribunal e se require os candidatos a documentación necesaria para a súa contratación. Os aspirantes dispoñen de dous días hábiles para presentar a mesma.

 

Tui acolle tres cursos de competencias dixitais para mulleres

Undefined

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui en Guillarei acollerá do 1 de setembro ao 11 de outubro tres cursos do programa GALEGAS DIXITAIS que ten como finalidade a formación para a dixitalización de mulleres desempregadas, organizado por beProject Consultores e Ara Formación e no que colabora o Concello de Tui. 

As mulleres que realicen esta formación, con carácter gratuíto, recibirán ao remate título oficial acreditativo. 

Clausurado o obradoiro de emprego tras o excelente labor realizado na recuperación do patrimonio

Undefined

A Aula da UNED en Tui acolleu esta mañá o acto de clausura do Obradoiro de Emprego ‘Revaloriza Tui’. Unha actividade formativa que se viña desenvolvendo dende outubro de 2021 e na que participaron vinte alumnos e alumnas que hoxe recibiron o seu certificado final de profesionalidade. Dez deles o fixeron na modalidade de cantería especializada en Colocación de Pedra Natural e Montaxe e outros tantos na de carpintería en Instalación de Construcións de Madeira.

60 persoas usuarias da bolsa de emprego municipal incorporáronse no primeiro semestre de 2022 ao mercado laboral

Undefined

Un total de 60 persoas usuarias da bolsa de emprego municipal incorporáronse no primeiro semestre do ano ao mercado laboral.

O Servizo Municipal de Orientación, Prospección e Intermediación Laboral, posto en marcha pola concellería de Formación e Emprego que dirixe Ana Núñez, que xestiona esta bolsa de emprego, atendeu entre xaneiro e xuño a un centenar de persoas, das que 38 eran homes e 62 mulleres. Nestes primeiros 6 meses este servizo municipal contactou con 187 empresa e xestionou 193 ofertas de emprego.

O obradoiro de emprego Revaloriza Tui devolve o seu esplendor ao lavadoiro de Fontenla en Areas

Undefined

O lavadoiro de Fontenla en Areas recuperou o seu esplendor tras a actuación realizada polo alumnado do Obradoiro de Emprego Revaloriza Tui. Este ben patrimonial atopábase nun estado deplorable cheo de maleza e cos distintos elementos nun mal estado de conservación.

Grazas á intervención realizada polo alumnado das especialidades de carpintería e canteiría o lavadoiro foi totalmente recuperado.

A poucos días do remate deste proxecto formativo o alumnado traballa agora na recuperación e embelecemento da fonte de Albelos en Guillarei.

Proceso de selección contratación formativa "Primeira experiencia laboral nos Concellos"

Undefined

No día de hoxe (22/06/2022) se realizou a valoración dos méritos dos aspirantes o proceso de selección para a contratación formativa dun xornalista e dun bibliotecario. Os aspirantes a xornalista dispoñen de dous día hábiles (ata o luns día 27/06/20222) para presentar alegacións as puntuacións provisionais, no caso do contrato formativo de bibliotecario, este é declarado deserto ao non presentarse aspirante algún.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego