Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso selectivo operarios obras funcionarios carreira

Undefined

Con data 02/03/2023 realizouse o segundo exame do proceso de selección, o que se publica para coñecemento dos  aspirantes os cales teñen 3 días hábiles para presentar alegacións a ditas puntuacións provisionais, Asemade o tribunal sinalou coma data para a realización da proba de galego para aqueles aspirantes que non dispoñen de celga 2 para o día 10/03/2023 as 09:00 horas no centro de formación sito en Albelos Guillarei s/n

O luns ás 9.30 h realizaranse as probas de selección para o alumnado do curso de Venda de Produtos e Servizos Turísticos (Hotg0208)”

Undefined

O próximo luns, 27 de febrero, as 9.30 h terán lugar no Centro Municipal de Formación do Concello de Tui en Guillarei as probas de selección do alumnado para o curso “Venda De Produtos E Servizos Turísticos (Hotg0208)”.

Este curso está cofinanciado pola Xunta de Galicia – Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O número de prazas é de 14. As datas previstas de realización son do 8 de marzo ao 28 de setembro de 2023 en horario de 9:00 a 14:00 h.

Proceso selección docente modulos sensibilización e igualdade

Undefined

Mediante Resolución da Concellaría delegada de persoal de data 17/02/2023, se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso de selección dun docente para a impartición dos contidos formativos “FCOO03 Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero ” e “FCOXXX24 Formación para a igualdade” como módulos transversais para cada un dos certificados de profesionalidade “MAMS0108 Instalación de elementos de carpintería” e “HOTG0208 Venda de produtos e servizos turísticos”, asemade se concede un prazo de 1 día hábil para a presentación de alegacións.

LISTA DE RESERVA PARA NOMEAMENTOS INTERINOS PRAZAS AUXILIAR ARQUIVO E BIBLIOTECA

Con data de 04/09/2023 se publicou anuncio da resolución de ofrecemento de nomeamento interino dun auxiliar de arquivo e biblioteca a tempo parcial, asemade se remitiu correo electrónico a cada un dos aspirantes que integran a lista de reserva. Os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles (ata o mércores día 06/09/2023) para aceptar ou rexeitar o ofrecemento.

Tui contratará a 17 persoas ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos

Undefined

O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas a través da Liña 3 do Plan Concellos para a activación do emprego da Deputación.

En concreto será unha persoa auxiliar administrativa e 14 persoas coma peóns/peoas de horticultura e xardinería durante seis meses. Amais contratarase a unha persoa coma oficial/a de segunda carpinteiro, e a outra coma oficial/a de segunda fontaneiro, neste caso cunha duración do contratación de 9 meses e medio ou coma moito até o 31 de decembro deste ano.

Procesos selectivos docentes para cursos AFD

Undefined

O Concello de Tui, abre procesos selectivos para o  nomeamento interino dos seguintes docentes:

1.-Un docente para a impartición dos contidos formativos do certificado de profesionalidade “MAMS0108 Instalación de elementos de carpintería” e do seu módulo de prácticas profesionais non laborais.

2.-Un docente para a impartición módulo para a impartición dos contidos formativos “FCOXXX26 Básico de prevención de riscos laborais” como módulo transversal do certificado de profesionalidade “MAMS0108 Instalación de elementos de carpintería”.

Proceso selección docente modulos MF0266_3, MF0267_2, MF0268_3 e practicas certificado HOTG0208

O Concello de Tui, abre proceso selectivo para nomeamento interino dun docente para a impartición dos módulos MF0266_3, MF0267_2, MF0268_3 e o módulo de prácticas profesionais non laborais do
certificado de profesionalidade “HOTG0208 Venda de produtos e servizos turísticos”, O prazo para a presentación de instancias será dende o venres día 03/02/2023 ata o xoves día 09/02/2023.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego